participación
Novas
CEIP Tarrío

O BNG DEMANDA A CONVOCATORIA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

O Consello Escolar Municipal non se reuniu nen unha soa vez no que vai de mandato.
É o órgano que debería axudar a buscar solucións aos problemas que afectan á comunidade educativa.
Debería ser o foro para estudar asuntos como a redución de persoal de apoio, as listas de agarda das escolas infantís, o deficiente mantemento, ou as novas taxas de uso do comedor escolar que previsiblemente establecerá a Xunta.
A ausencia de convocatorias deste órgano é unha mostra máis do desprezo do Goberno do PSOE pola participación cidadá nos asuntos públicos.
Ler novas
Novas

A participación cidadá, reducida a un formalismo

- O BNG defende a recuperación duns procesos realmente participativos para achegar a toma de decisións á veciñanza.

- Desde a chegada de José Ramón Rioboo á alcaldía a participación cidadá ten sido recortada ano após ano.

- No lugar de achegar propostas para os orzamentos, para que o Consello Xeral de Participación os debata e informe como é a súa función, o Goberno Municipal ofreceulles de xeito paternalista realizar aportacións.

- O Goberno Municipal viste de participación o que é caciquismo en estado puro.
Ler novas
Novas
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

Outro modelo de xestión e de participación cidadá é posíbel

Rematou estes días o prazo para a achega de aportacións ao Orzamento Municipal de 2022, que debía estar en vigor dende o 1 de xaneiro.

O Goberno Municipal, que conta con maioría absoluta, recorta a posibilidade de deliberación e de escolla polo Consello de Participación Cidadá.

As múltiples persoas e entidades coas que contactou o BNG dixeron descoñecer o prazo e amosaron o seu interese en participar, con propostas que fuxen da grandilocuencia e da megalomanía.
 

Ler novas
Novas
Praza de Galicia

O BNG pide que o Consello de Participación Cidadá decida sobre os 5 millóns de remanente

O goberno local anunciou o emprego de 5,2 millóns de euros, a metade do aforrado na última década, e segue sen informar nin aportar ningún detalle á Corporación Municipal

Os regulamentos prevén a participación cidadá en cuestións deste tipo

Ler novas
Novas
Praza de Galicia

O BNG de Culleredo denuncia uns orzamentos pouco cribles, repetitivos e sen consenso coa veciñanza

Anuncian outra vez proxectos que foron orzamentados en varios exercicios anteriores.

O orzamento de Culleredo foi aprobado únicamente polo PSOE, sen consenso, nin na corporación nin na participación veciñal.

Ao entender do BNG, o orzamento non cumpre as obrigas legais.

Ler novas