SEGURIDADE PÚBLICA

O BNG demanda celeridade para asegurar a estabilidade dos terreos na Fonte da Balsa

Entre as emendas rexeitadas está a que solicitaba melloras no entorno de Fonte da Balsa

Tono Chouciño pide celeridade polo risco de novos esborallamentos e a publicación dos estudos xeotécnicos realizados.

O Goberno Municipal ten unha débeda moral cos veciños e veciñas de Fonte da Balsa, que levan meses esperando ser recibidos para falar deste problema.

En 2013 o actual alcalde, daquela concelleiro de Obras, afirmaba que a obra se ía realizar "da forma máis breve posíbel". Durante as últimas eleccións municipais depositáronse materiais de obra na zona, que despois foron retirados.

O BNG demanda celeridade para asegurar a estabilidade dos terreos na Fonte da Balsa

O BNG de Culleredo demandou no último pleno, celebrado o pasado xoves, unha solución aos problemas de estabilidade dos terreos de Fonte da Balsa, onde debido ás choivas pasadas produciuse un esborrallamento sobre unha zona de aparcamento de vehículos.

Tono Chouciño lembrou que o aseguramento dos taludes é unha demanda dos veciños e veciñas da zona, que sufren dende hai tempo desprendementos e a entrada de lama nos seus garaxes, e que hai meses rexistraron un escrito sobre este tema sen conseguir aínda ser recibidos polo goberno municipal.

O voceiro nacionalista lembrou tamén como xa en 2013 o actual alcalde, daquela concelleiro de Obras, afirmaba que a obra se ía realizar "próximamente", "da forma máis breve posíbel", e como este ano, durante as eleccións municipais, se depositaron na zona materiais de obra que, pasadas as eleccións, foron retirados ao tempo que se afirmaba que se tramitaba a adquisición dos terreos e que polo momento "só se realizaron estudos xeotécnicos".

Tono Chouciño pediu ao Goberno Municipal celeridade na aplicación das potestades da Administración para a realización dunha obra que ten carácter urxente, polo risco máis que evidente para a seguridade cidadá de novos esborrallamentos, así como a publicación dos estudos xeotécnicos realizados.

"O Goberno Municipal ten unha débeda moral cos veciños e veciñas de Fonte da Balsa, e debe dispor dos medios técnicos e económicos para evitar que algún día ocurra unha desgraza maior".

O BNG demanda celeridade para asegurar a estabilidade dos terreos na Fonte da Balsa