Novas
Consello de Contas dá a razón ao BNG de Culleredo1

O Consello de Contas dá a razón ao BNG de Culleredo

  • O BNG de Culleredo denunciou perante o organismo irregularidades na contratación pública, que agora se ven refrendadas polo Consello de Contas.

  • O informe do organismo fiscalizador confirma a fala de control, fala de planificación e prácticas que non garanten nen a trasparencia nen a igualdade.

  • O organismo confirma que estas prácticas agudízanse ao achegárense as eleccións municipais, e pon nome as empresas beneficiadas.

  • O BNG non vai mirar cara outro lado, perante unhas prácticas que rompen coa confianza que a veciñanza deposita nas persoas que xestionan os recursos públicos.

Ler novas
Ies Rego de Trabe

Aprobada a moción do BNG de Culleredo para solicitar a suspensión da licitación do recinto deportivo de Acea de Ama

Aprobada en Pleno a moción do BNG de Culleredo para solicitar á Xunta de Galiza que deixe en suspenso o proceso de licitación da xestión das instalacións deportivas de Acea de Ama aprobado no Consello da Xunta o pasado 10 de marzo.

O Consello da Xunta ven de aprobar a licitación da xestión do recinto cullerdense por un período de 20 anos cunha previsión de ingresos de 50 millóns de euros durante a duración do contrato.

Non se prevé a dotación dunha nova piscina de dimensións olímpicas, instalación que a natación da nosa comarca necesita.

Ler novas
undefined

Rioboo agocha 900.000€ en facturas pendentes

 

O Concello de Culleredo agocha 320 facturas sen contabilizar do último trimestre de 2024.

O tempo medio de pagamento aos provedores, no mesmo período, é de 197 días (6,5 veces os 30 días sinalados pola Lei).

O Goberno Municipal aínda non presentou perante o Consello de Contas a Conta Xeral de 2023, que debería ter sido presentada o 15 de outubro de 2024.

Ler novas
IMG_20231018_125907

O BNG esixe a execución inmediata da reforma do pavillón de Tarrio

O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, leva paralizado desde a formalización do contrato en novembro de 2021.
As obras de reforma tiñan un prazo de execución de 4 meses, e deberían ter sido rematadas en marzo de 2022.
As entidades usuarias levan reclamando durante anos solución ás deficiencias que lles impiden competir en mínimas condicións de seguridade e que fan que acumulen sancións por parte das federacións.
Ler novas
Fondo Xeral

O BNG de Culleredo traslada 50 medidas imprescindibles para os 100 primeiros días de goberno

O goberno municipal de Culleredo aínda non convocou o Pleno de Organización no que debe dar conta da estructura política da súa administración e que xa se celebrou en tódolos concellos da Comarca.

Diante da situación de parálise do goberno municipal, o BNG de Culleredo ten trasladado ao goberno municipal e ao PSOE de Culleredo máis de 50 medidas a levar a cabo dentro dos 100 primeiros días de actividade do novo goberno.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “as medidas trasladadas polo BNG ao goberno municipal de Culleredo son esenciais para contar cun goberno que se poida chamar transparente e decente”.

Ler novas
Concelleiros electos

A Asemblea do BNG de Culleredo ratifica a decisión de non pactar con Riobóo

O compromiso e a honestidade cara os seus votantes, a defensa do interese común e o rexeitamento das políticas escurantistas do goberno de Riobóo durante os últimos 6 anos, principais motivos da formación nacionalista para non apoiar a candidatura socialista no Pleno de investidura.

Riobóo liderou durante os últimos 6 anos un goberno municipal que actuou con total falta de transparencia e de costas á veciñanza, sen ter en conta o beneficio común, no que o chanchullo foi sempre o centro de decisión.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “Non temos nada en común con Riobóo nin co seu goberno. O BNG é coherente coa súa política de defensa da veciñanza e iso é incompatible con apoiar a Riobóo como Alcalde.”

Ler novas