O BNG reclama melloras na seguridade viaria

O BNG reclama melloras na seguridade viaria

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo ven de presentar, a través das representantes nacionalistas no Congreso, unha emenda aos Orzamentos do Estado para 2016, na que se solicita a mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo noso Concello.

Na parroquia de Rutis a estrada atravesa unha zona completamente urbana, e conta cun gran número de interseccións e de pasos de peóns, que supoñen un perigo pola súa escasa visibilidade.

En Albedro, a crecente actividade do seu polígono industrial e da área comercial, fai preciso tamén unha mellora da vía, cun mantemento escaso, que se limitou a algún rebacheo recente.

FALLOS NA REDE SEMAFÓRICA

O representante nacionalista, Tono Chouciño, preguntou tamén ante o Concello polos continuos fallos nos semáforos de Vilaboa, O Burgo e Fonteculler, facéndose eco das queixas recibidas.

Así, na estrada AC-211, dende O Burgo até Fonteculler, en case todos os cruces regulados por semáforos hai algún que non funciona e mesmo hainos que carecen da linterna completa, polo que se demanda a súa reparación inmediata e establecemento dun mellor protocolo de revisión e mantemento da rede semafórica.

O BNG reclama melloras na seguridade viaria