PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O BNG responde á demanda cidadá e crea un novo servizo de atención presencial

Concelleiros electos
Concelleiros electos

A atención será na Casa do Concello luns e mércores en horario de mañá, e en calqueira outro momento mediante cita previa.

O goberno local negou o uso de locais para atender á veciñanza nas parroquias.

O BNG responde á demanda cidadá e crea un novo servizo de atención presencial

As demandas e consultas cidadás serán atendidas polo BNG de Culleredo agora tamén de xeito presencial, na oficina da que dispón na Casa do Concello o grupo municipal. O horario habitual de atención será os luns e mércores de 12:00 a 14:00. Tamén se atenderá noutros horarios, máis será necesario concertar cita nese caso a través do correo [email protected] ou a través de mensaxes nas redes sociais do BNG de Culleredo.

A intención do BNG de Culleredo é poñer a disposición da veciñanza o seu traballo de oposición, do xeito máis accesible posible. Por iso solicitou ao goberno municipal o uso de locais en distintas parroquias e en diferentes días para facilitar esta labor, mais a resposta foi negativa, dificultando novamente o labor do grupo nacionalista para a fiscalización do goberno.

O BNG responde así a crecente demanda da poboación, que nas últimas semanas fixo que os representantes nacionalistas se reunisen case a diario con persoas, asociacións ou clubes deportivos que buscaban solución ás súas necesidades.

Así pois, o BNG seguirá escoitando as inquedanzas da xente como até o de agora, presencialmente ou a través de correo electrónico e das redes sociais, pero engadindo a posibilidade de tratar as inquedanzas da veciñanza co grupo municipal sen contacto previo. As portas do BNG de Culleredo seguirán estando sempre abertas para trasladar as necesidades da veciñanza ao goberno municipal.

O BNG responde á demanda cidadá e crea un novo servizo de atención presencial