A obra de construción da cuberta que rompeu nas Brañas levaba meses paralizada

Rotura da cuberta do parque das Brañas
Rotura da cuberta do parque das Brañas

A obra non fora recibida, pero si pagada ao 90%.

A proxecto tiña un prazo de execución de 6 meses que a adxudicataria reduciu a 2.

O contrato establecía penalizacións por demora na entrega.

O 2 de outubro de 2020 a estrutura rompe e hai que desmontala, non se sabe a cargo de quen, 15 meses despois de que se tivera que ter entregado.

A obra de construción da cuberta que rompeu nas Brañas levaba meses paralizada

A proxecto tiña un prazo de execución de 6 meses que a adxudicataria reduciu a 2 na súa oferta e foron aceptados e xustificados pola mesa de contratación. A entrada en vigor do contrato era o 13 de maio de 2019, a partir de aí contaban os dous meses. O 18 de decembro de 2019 (7 meses fóra de prazo) unha resolución de alcaldía aproba a certificación pola que se pagan 59.802,19€ dos 64.467,41€ nos que fora adxudicada. É dicir, pagouse o 90% do valor da obra, en base a uns informes de certificación, cuxo contido temos que coñecer.

O contrato establecía penalizacións por atraso na construción, polas que a empresa debería pagar 0.60 euros por cada 1.000 euros contratados, polo que se sumarían miles de euros que deberían ir ás arcas municipais. Porén, oito meses despois, nin a obra estaba recibida polo Concello, nin completamente pagada. É necesario coñecer o motivo que explique a paralización. Esta demora é bilateral, xa que a empresa debería ter requirido que a Administración acudira a recibir a obra, seguindo a obriga establecida pola Lei de Contratos.

O BNG de Culleredo investigará todos os detalles desta obra e o escurantismo ao seu redor, vista a paralise do goberno local, e demandara copia dos informes contrarios da Secretaria aos que alude a acta da Mesa de Contratación. Dous meses atrás, xa denunciou que o parque estaba sendo utilizado pola rapazada, a pesar da súa non finalización, sen que o Concello tratase de impedilo de xeito activo.

A rotura da cuberta do Parque das Brañas pode considerarse a punta do iceberg do funcionamento habitual das contratacións en Culleredo. A veciñanza de Culleredo debe coñecer como se administran os seus impostos e, por iso, os detalles deste contrato poden servirlles de exemplo de como se fan as cousas no goberno de Rioboo.

A obra de construción da cuberta que rompeu nas Brañas levaba meses paralizada