O BNG demanda a cobertura inmediata da praza de Intervención Municipal
- Desde o mes de xaneiro o BNG está a reclamar a cobertura interina do posto de Intervención Municipal pola ausencia prolongada da persoa titular.
- A Intervención é un posto clave na Administración Municipal e a súa ausencia prexudica gravemente a tramitación de expedientes.
- En maio aprobouse de xeito unánime a moción do BNG para pedir á Xunta colaboración para designar unha persoa substituta.
- Malia as reiteradas veces en que o Goberno Municipal xustifica as súas demoras na falta de persoal, as últimas novas indican que a petición á Xunta está sen resolver por falta dunha sinatura do Alcalde José Ramón Rioboo.