PERSOAL MUNICIPAL

O BNG critica que o goberno municipal prevea a extinción de ata 33 postos de traballo no Concello de Culleredo

Concelleiros do BNG
Concelleiros do BNG

A modificación da RPT elimina 10 postos, crea 7 e deixa outros 33 pendentes de extinción, a pesar da evidente falta de efectivos

É a cuarta vez en menos de catro anos que se modifica, polo que parece que non existe criterio racional para organizar o persoal

O BNG critica que o goberno municipal prevea a extinción de ata 33 postos de traballo no Concello de Culleredo

A nova RPT —Relación de Postos de Traballo— do Concello de Culleredo prevé a creación de 7 postos de traballo, mais elimina 10 e deixa pendente de extinción outros 33, debido a xubilacións ou promocións internas. Frónte ás continuas demandas de máis persoal municipal por parte da veciñanza, dos grupos da oposición e do propio goberno do PSOE, no último Pleno aprobouse esta proposta co apoio do PSOE, Alternativa dos Veciños e a abstención cómplice do Partido Popular. Fronte a unha necesidade urxente de máis persoal para a atención á cidadanía, frónte aos constantes retrasos na resolución de asuntos, estes grupos apoian unha modificación da RPT que destrúe emprego público na administración municipal.

O BNG critica esta nova reorganización do persoal municipal, xa que é a cuarta vez que sucede nos últimos catro anos e parece que non existe un rumbo nin un criterio lóxico nin racional na xestión dos recursos humanos do concello, senón semella que se vai a bandazos.

Hai que lembrar que a concelleira encargada de Persoal, Marta Figueroa, foi reprobada en Pleno o pasado 12 de decembro de 2023, a iniciativa do BNG, e debido ao constante caos e mal facer nesa área de goberno, como —precisamente— a falta de persoal en moitas áreas e polo grave feito de ter sido condenado o Concello de Culleredo por sancionar, sen as debidas garantías, un funcionario sen emprego e sen soldo.

O BNG critica que o goberno municipal prevea a extinción de ata 33 postos de traballo no Concello de Culleredo