SEGURIDADE CIDADÁ

O BNG pide medidas para acabar cos roubos en instalacións municipais

Porta do Centro de Boedo
Porta do Centro de Boedo

Convocar a Xunta Local de Seguridade sería o primeiro paso

Numerosos roubos sucédense en centros sociais e escolas do rural nos últimos meses

O BNG pide medidas para acabar cos roubos en instalacións municipais

Nos últimos meses estamos sendo testemuñas dunha vaga de roubos en instalacións como a escola de Ledoño, os vestiarios da pista polideportiva de Castelo, ou os centros sociais de Boedo, Orro, Castelo, etc. Parece que isto non ten fin polo que a inquedanza da veciñanza vai en aumento.

O BNG solicita a inmediata convocatoria da Xunta Local de Seguridade como organismo de cooperación e coordinación das Administracións Públicas en materia de seguridade. É necesario asegurar a cooperación e coordinación operativa das Forzas e Corpos de Seguridade que interveñen no concello, de forma específica, e acordar medidas para rematar coa vaga de roubos, alén da mellora noutros asuntos sobre seguridade que afectan á veciñanza de Culleredo en xeral.

O BNG pide medidas para acabar cos roubos en instalacións municipais