A POLÍTICA DE PERSOAL MUNICIPAL

O BNG e os aspirantes a policía levan o goberno municipal ata o Consello Consultivo

Valedor do Pobo

Aspirantes a policía local levaron a oposición ante a Valedora do Pobo

O proceso ten ata catro motivos de nulidade de pleno dereito

O alcalde rexeitou as reclamacións  basandose nun informe  asinado por unha persoa inhabilitada polo Tribunal Supremo

O BNG e os aspirantes a policía levan o goberno municipal ata o Consello Consultivo

O goberno de Culleredo non poderá continuar co seu plan para as oposicións da Policía Local, xa que se viu obrigado a pedir informe ao Consello Consultivo da Galiza sobre a revisión de oficio para que se anulen as bases deste proceso por conter ata catro motivos de nulidade de pleno dereito.

Os aspirantes reclamantes mobilizáronse e acudiron á Valedora do Pobo a denuncialo. O BNG apoiounos e elaborou o voto particular, que reuniu o apoio suficiente para parar en pleno a tentativa  do alcalde, Xosé Ramón Rioboo, e a concelleira de persoal, Marta Figueroa, quenes querían negar o dereito á reclamación aos aspirantes.

Os motivos alegados polos aspirantes son que o tribunal non garda o criterio de especialidade –cando menos o 50% deberían ser policías–; tampouco cumpre co requisito da paridade de xénero; o secretario do tribunal tiña que ser o secretario municipal –por ser que ten que custodiar o expediente e os exames da proba–; e ademais, o secretario do tribunal tamén incumpría o criterio de imparcialidade, por terse presentado nas listas do PSOE como nº 2 nun proceso electoral. Esta persoa calificou as características do seu posto –xefe de gabinete– como de persoal eventual, algo que é incompatible coa participación nun tribunal de selección de persoal, tal e como establece a lei.

Ademais, hai que sinalar que a persoa que exerceu como secretario do tribunal fixo o mesmo papel en Sada, no proceso no que se acabou contratando como coordinadora naquel concello –cun salario de 70.000 euros anuais– a mesma persoa que agora segue traballando no concello de Culleredo, a pesar de estar inhabilitada para cargo público durante 8 anos, por ter prevaricando naquel proceso. E non só segue no seu posto, en contra desa sentencia, senón que é quen asina os informes que serviron ao alcalde para rexeitar o recurso dos aspirantes a policía en marzo pasado.

O BNG de Culleredo insiste en tratar de impedir que o goberno de Riobóo utilice a política de persoal para crear un concello á súa medida, utilizando informes de persoal eventual ou de persoas inhabilitadas polo Tribunal Supremo que seguen exercendo como persoal municipal, en contra da lei.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Entre otras pruebas, la Audiencia apuntan a los correos que se cruzaron los acusados con instrucciones para "que la cosa no cante mucho" o en los que Belia Vellón insta a ir "pensando en funcionarios de confianza para la comisión de valoración". Los jueces tachan también de "llamativo" que presidiese el tribunal "nada menos que como secretario" un "funcionario compañero de Belia Vellón en el Ayuntamiento de Culleredo" en lugar de hacerlo el secretario titular de Sada que, inciden, "era renuente a la creación de dicha plaza por su patente y manifiesta ilegalidad (a su entender). "Y aún más llamativo es que el presidente del tribunal que habría de evaluar los méritos de la señora Vellón fuese precisamente el secretario accidental que había elaborado un informe favorable a los intereses de los acusados".
Texto completo en: https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2019/04/13/audiencia-absuelve-ernesto-anido-condena-23806385.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2022/01/21/audiencia-inhabilita-personal-laboral-culleredo-antigua-coordinadora-sada/0003_202201H21C6993.htm

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/07/22/supremo-condena-exalcalde-anido-8-55297742.html

O BNG e os aspirantes a policía levan o goberno municipal ata o Consello Consultivo