O BNG pregunta a Rioboo polas demandas da Valedora do Pobo en temas municipais

O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

Moitas persoas tiveron que acudir á Valedora debido ás irregularidades e inaccións do goberno municipal

A transparencia é condición irrenunciable a calquera diálogo

O BNG pregunta a Rioboo polas demandas da Valedora do Pobo en temas municipais

O grupo municipal do BNG de Culleredo quere saber cantas veces a Valedora do Pobo pediu información ao Concello de Culleredo debido a peticións da cidadanía e o estado desas tramitacións. 

Varias persoas acudiron desde hai tempo, e seguen hoxe en día, á formación nacionalista denunciando ter acudido á Valedora do Pobo por irregularidades e inaccións de cuestións municipais, en áreas como urbanismo, procesos selectivos, incumprimentos de ordenanzas e deixadez para facelas cumplir ou o funcionamento da administración municipal. A Valedora do Pobo tivo que reiterar en varias das reclamacións a súa petición ata en tres veces ao goberno municipal, xa que non recibía contestación.

A non resposta reiterada do Concello de Culleredo á Valedora do Pobo tamén foi afeada pola Fiscalía, xa que se está a incumprir o principio de lealdade entre institucións e iso podería dar lugar a responsabilidades penais.

O BNG de Culleredo quere lembrar a Rioboo a importancia da transparencia e o bo facer no suposto contexto de “apertura ao diálogo” —segundo palabras do propio alcalde— de cara a sacar adiante os asuntos de transcendencia municipal. É imprescindible demostrar esa máxima atendendo as peticións veciñais e de outras institucións.

O BNG esixirá, como sempre fixo, que haxa accións que demostren que hai un cambio de actitude para resolver tantas e tantas cuestións de cumprimento das leis, ordenanzas municipais e  sentenzas xudiciais que están aparcadas desde hai moito tempo.

O BNG pregunta a Rioboo polas demandas da Valedora do Pobo en temas municipais