BO GOBERNO

O BNG demanda a paralización das oposicións á Policía Local

Pleno do 1 de agosto de 2023
Pleno do 1 de agosto de 2023

A resolución polo Alcalde do recurso interposto por varios interesados, é nula de pleno dereito.

De acordo co Tribunal Supremo, o órgano competente para resolver as revisións de actos nulos de pleno dereito é exclusivamente o Pleno municipal.

Débese paralizar o proceso para garantizar os dereitos das persoas interesadas e salvagardar os intereses do Concello de Culleredo

O BNG demanda a paralización das oposicións á Policía Local

O BNG solicitou no Pleno do pasado xoves a paralización do proceso selectivo para 5 plazas de Policía Local por, entre outros motivos, estar o procedemento incurso en causas de nulidade de pleno dereito.

O procedemento selectivo foi recurrido por varias persoas interesadas no mesmo, que solicitaban por diversos motivos a súa revisión de oficio.

Dito recurso foi resolto polo Alcalde, cando, de acordo coa sentenza do Tribunal Supremo de 13 de decembro de 2022, o órgano competente é o Pleno do Concello. A sentenza aclara mesmo que esta competencia non pode ser delegada noutro órgano.

Así pois, esta causa evidente de nulidade vén sumarse a todas as alegadas polos recurrentes, e fai necesario que o Goberno Municipal paralice todo o proceso, como solicitan os recurrentes.

A tentativa de resolución polo Alcalde ao recurso é un novo chanzo que tenta botar máis escurantismo sobre un proceso selectivo denunciado por irregularidades. 

Cómpre lembrar que o BNG propuxo hai tempo delegar este proceso na Academia Galega de Seguridade como fan hoxe en día a maioría dos Concellos, pero nengún dos outros grupos da Corporación quixo apoialo.

Para o BNG de Culleredo é preciso paralizar o procedemento para garantizar os dereitos das persoas recurrentes e evitar prexuízos á propia Administración Local.

 

Aquí podes ver a intervención no Pleno

O BNG demanda a paralización das oposicións á Policía Local