Toda a información para presentar a túa alegación á "pegada sonora" do aeroporto

O BNG presentou xa alegacións ao proxecto de ampliación da "pegada sonora" do aeroporto, en defensa dos intereses da veciñanza cullerdense.
Pona aquí a disposición daquelas veciñas e veciños que desexen presentar a súa alegación de xeito individual.
O prazo para alegacións ampliouse até o 29 de xaneiro de 2021 a solicitude do BNG de Culleredo.
O PRAZO DE ALEGACIÓNS FOI AMPLIADO ATÉ O 29 DE XANEIRO, A SOLICITUDE DO BNG DE CULLEREDO, XUNTO COA PETICIÓN DUN SISTEMA DE CONSULTA DA AFECTACIÓN MEDIANTE REFERENCIA CATASTRAL.
DESCARGA O MODELO DE ALEGACIÓN INDIVIDUAL SEGUNDO A PRESENTADA POLO BNG DE CULLEREDO
PODES PRESENTAR A TÚA ALEGACIÓN DIRIXIDA AO MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA, A TRAVÉS DAS SEGUINTES OPCIÓNS:
- En formato dixital, a través do Rexistro electrónico único da Administración Xeral do Estado (require DNI Electrónico, Certificado Dixital ou Cl@ve)
- Físicamente, en calquera das Oficinas de Atención á Cidadanía e Rexistro da Xunta de Galicia.
- Físicamente, en calquera dos Rexistros Xerais da Administración Xeral do Estado:
- Delegación do Goberno en Galiza. Praza de Ourense s/n A Coruña
- Subdelegación do Goberno na Coruña. Avenida da Marina, 23 A Coruña
- Dirección Provincial do Instituto Social da Marina. Rúa Ramón y Cajal, 2 A Coruña
Aviación Civil vén de publicar o documento da delimitación das servidumes aeronáuticas acústicas do aeroporto de Albedro, coñecido como a “pegada sonora”. Accede aquí á publicación desta documentación na web do Ministerio de Transportes. Esta nova delimitación significa que os usos urbanísticos, a cualificación do solo ou o réxime das edificacións actuais quedarán afectados. A mingua de valor dos inmobles chegaría ao 20%, sempre segundo o alcalde de Culleredo, quen citou estudos técnicos sobre os documentos publicados no BOE.
As edificacións existentes actualmente dentro do perímetro seguirán sendo legais, mais “fóra de ordenación”, segundo o alcalde de Culleredo, respondendo á pregunta do BNG. É dicir, que cando a vida útil dun inmoble chegue á súa fin, ese solo xa non terá posibilidades de volver edificarse. Tampouco poderán ser modificadas se ese cambio supón un maior número de persoas afectadas pola delimitación acústica. Así, tendo en conta que a maioría do solo afectado é de uso residencial, veríanse afectadas perto de 5.000 mil vivendas, das que case 3.000 nin sequera están dentro do plan de insonorización actual, e case 10.000 persoas serían prexudicadas.
Escoita a continuación á resposta en Pleno do alcalde de Culleredo ás preguntas do BNG:
Tamén podes botar unha ollada á palestra dixital que o pasado xoves 10 de decembro celebramos con expertos en dereito para falar das posibilidades de alegación e accións a levar a cabo para defender os intereses da veciñanza de Culleredo, fronte a modificación da "pegada sonora". Nela participaron representantes veciñais xunto a Carlos Aymerich, Profesor na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña e X. Antón Pérez Lema, avogado que defendeu a afectados pola ampliación do aeroporto en 2011. Coas súas aportacións e as inquedanzas expostas pola veciñanza, deseñamos as alegacións presentadas polo BNG que hoxe poñemos a disposición da veciñanza: