albedro
Novas

O BNG de Culleredo presentará iniciativas para recorrer a aprobación do Plan Director do aeroporto de Albedro.

É inadmisíbel un plan que introduce importantes afectacións sobre o patrimonio de miles de Cullerdenses.

A aprobación do novo Plan director para Albedro sentenza de morte o PXOM de Culleredo aínda en tramitación.

Os datos de tráfico de pasaxeiros en Albedro están inflados artificialmente.

É precisa a ordenación do Sistema Aeroportuario Galego, coordinando os 3 aeroportos con outros medios de transporte, para dar servizo ás  necesidades de mobilidade dos galegos.

Ler novas
Novas
Aeroporto de Albedro desde o Monte de San Miguel

O Concello de Culleredo presenta alegacións sen buscar o consenso sobre a ‘pegada sonora’

As alegacións non piden o peche nocturno do aeroporto, tal e como anunciara o goberno local.

Foron presentadas aos grupos este venres, último día do prazo xa prorrogado.

O expediente non acredita que a asesoría contratada “estea capacitado para a execución do contrato”.

O alcalde non entregou o informe que indicaba que as vivendas quedarían fóra de ordenación, e que leu no pleno.

Ler novas
Novas
Pegada sonora do aeroporto coruñés

O BNG de Culleredo demanda un pleno extraordinario urxente para axilizar as alegacións municipais á ‘pegada sonora’

O goberno local prometeu convocar a Comisión Especial do Aeroporto e o seu comité técnico, mais segue na inacción

Convida ao resto da oposición a unirse á petición

O BNG ten listas as súas alegacións para a veciñanza, a falta do que se poida engadir tras esa sesión técnica

Ler novas
Novas
Aeroporto A Coruña [Foto: Bene Riobó]

O BNG lamenta que o PP utilice medios e persoal da administración para actos de partido sobre a pegada sonora de Albedro

A presenza do director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, nun acto telemático do PP proba que para este partido “a Xunta de Galiza só é unha prolongación de si mesmo”

A deputada do BNG Mercedes Queixas pedirá explicacións no Parlamento sobre a “confusión recorrente” do PP entre partido e administración

Ler novas