persoal
Novas
Consello de Contas

O BNG pide información sobre o proceso selectivo de Enxeñeira Industrial

- A persoa proposta polo Tribunal é administradora dunha das dúas empresas sinaladas polo Consello de Contas por prácticas irregulares no entorno das eleccións municipais do 2023.

- O proceso selectivo retomouse despois de ter sido declarado deserto, trala reclamación desa mesma persoa, que obrigou tamén a cambiar a composición do Tribunal selectivo.

- É preciso coñecer a totalidade do expediente para esclarecer as posíbeis friccións entre o cargo ostentado pola persoa proposta e o posto para o que se propón o seu nomeamento, á vista do que coñecemos até o momento.
Ler novas
Novas

O BNG demanda a cobertura inmediata da praza de Intervención Municipal

- Desde o mes de xaneiro o BNG está a reclamar a cobertura interina do posto de Intervención Municipal pola ausencia prolongada da persoa titular.

- A Intervención é un posto clave na Administración Municipal e a súa ausencia prexudica gravemente a tramitación de expedientes.

- En maio aprobouse de xeito unánime a moción do BNG para pedir á Xunta colaboración para designar unha persoa substituta.

- Malia as reiteradas veces en que o Goberno Municipal xustifica as súas demoras na falta de persoal, as últimas novas indican que a petición á Xunta está sen resolver por falta dunha sinatura do Alcalde José Ramón Rioboo.

Ler novas
Novas
CEIP Ría do Burgo

O BNG esixe ao goberno municipal a cobertura inmediata do posto de conserxería no CEIP Ría do Burgo

Dende hai máis de 15 días non se está a prestar no CEIP Ría do Burgo o servizo de conserxería, unha responsabilidade municipal.

A pesar de contar con listas de substitución vixentes, o Concello non cubriu polo momento esta vacante.

Mentres tanto, profesorado do centro está a exercer esas funcións que non lle son propias, incluindo a apertura e peche do centro.

Ler novas
Novas
Manifestación das traballadoras da limpeza

O BNG esixe a inmediata licitación dos servizos de limpeza sen contrato

A nefasta xestión do goberno de Rioboo ten levado á folga indefinida que hoxe comezan as traballadoras dos servizos de limpeza do concello

Desde hoxe mesmo, luns 8 de xaneiro, nos centros educativos e outras instalacións do Concello só se limparán os aseos en días alternos, e as rúas do concello contarán só con 3 persoas para a súa limpeza

A nefasta xestión do goberno de Rioboo ten levado á folga indefinida que hoxe comezan as traballadoras dos servizos de limpeza do concello

Ler novas
Novas
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

Culleredo precisa rescatar a súa Administración

O BNG recibiu queixas de traballadores municipais por numerosas vacantes sen cubrir en diversos departamentos.

Esta falta de persoal impide o normal funcionamento da Administración local.

O propio Servizo de Persoal ten 4 vacantes sen cubrir de 7 postos de traballo, realizándose os trámites de nóminas e Seguridade Social dende o Concello de Pontedeume.

É hora de pór fin a esta situación, non sabemos até que punto buscada polo actual Goberno Municipal, e recuperar a Administración do Concello de Culleredo e poñela a traballar para garantir o benestar da súa veciñanza.

Ler novas