OBRAS

O BNG solicita a paralización dos pagos pola reforma da Praza de Galiza até aclarar varias irregularidades

Praza de Galliza despois da remodelación
Praza de Galliza despois da remodelación

Despois de revisar os correspondentes expedientes, o BNG solicita aclarar unha presunta situación de conflito de intereses do director da obra.

Ante esta situación, e mentres non se aclaren tamén as irregularidades detectadas nas obras levadas a cabo até o momento, o BNG solicita a paralización dos pagos á empresa que executa a obra.

O BNG solicita a paralización dos pagos pola reforma da Praza de Galiza até aclarar varias irregularidades

O BNG de Culleredo vén de reclamar ao goberno municipal a suspensión dos pagos á empresa adxudicataria da obra de reforma da Praza de Galiza e a súa contorna, contrato adxudicado por un importe de 1.177.215,12€. Despois de revisar os correspondentes expedientes, o BNG aprecia unha posible irregularidade no procedemento para nomear ao director ao director da obra.

Estamos a falar dunha obra pola que a veciñanza tense manifestado en numerosas ocasións diante dos evidentes incumprimentos por parte do Concello e da empresa adxudicataria, contrarios ao recollido no proxecto inicial. Por moito que o Alcalde, Sr. Rioboo, diga ter informes que digan que a obra cumpre o esixido polo xulgado para evitar as filtracións de auga ao interior, a realidade é terca e todo o mundo puido ver os vídeos no que se aprecia que a auga entra e se filtra por todos os niveis do garaxe como se non se tivera feito a obra. Nin a empresa nin o goberno municipal aseguran a impermeabilización que motivou a obra, nin foron quen de aclarar as evidentes modificacións realizadas ao proxecto sen que se teñan tramitado conforme marca a Lei de Contratos do Sector Público.

O Grupo Municipal do BNG de Culleredo solicitou xa ao goberno municipal a aclaración destas cuestións na vindeira Comisión Informativa de Presidencia. Entanto non sexan aclaradas estas cuestións, o BNG solicita a inmediata paralización dos pagos á empresa adxudicataria.

O BNG solicita a paralización dos pagos pola reforma da Praza de Galiza até aclarar varias irregularidades