sentenza
Novas

O BNG impulsa a asunción de responsabilidades polas actuacións arbitrarias do Goberno Municipal

- O BNG entendeu que era preciso recabar o apoio do Pleno para salvagardar legalmente os intereses da veciñanza e da propia Administración municipal, fortemente danada na súa reputación polo proceder do Goberno Municipal.

- Catro sentencias xudiciais, dúas delas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ratifican os informes negativos ao procedemento sancionador contra o xefe dos servizos de Obras e Urbanismo.

- Da actuación do Goberno municipal pode deducirse que a tramitación dos expedientes en Culleredo se rexe pola discrecionalidade dos responsábeis municipais, sen atender aos principios rectores da actuación da Administración.
Ler novas
Novas

O concello descoñece os efectos da sentenza de JardinCelas

O Goberno Municipal non é quen de dicer cantos traballadores e traballadoras se poden beneficiar da Sentenza do Xulgado do Social.

Tampouco puido dicer por qué á empresa non se lle esixían os documentos que demostrasen estar ao corrente coa Seguridade Social.

O Xulgado fai responsábel solidario ao Concello da totalidade do total das indemnizacións. A empresa encóntrase en liquidación.

O BNG esixirá que o pagamento das indemnizacións se repercuta nas persoas responsábeis e non sobre a veciñanza vía impostos.

Ler novas
Novas
ua16 reunión afectados

O BNG impulsa a convocatoria dun Pleno Extraordinario sobre a situación da UA16

A Xustiza declara "non conforme a dereito" a resolución dictada pola alcaldía en xaneiro de 2017 sobre a UA16.

Os terreos son causa de varias controversias e causas xudiciais, que afectan ao ex-alcalde Julio Sacristán e ao empresario inmobiliario Antonio Fontenla.

A iniciativa está asinada por concelleiros e concelleiras dos 3 grupos da oposición, que superan o número legal esixido para a convocatoria dunha sesión extraordinaria.
 

Ler novas
Novas
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

A Audiencia Provincial confirma o que denuncia o BNG: A traballadora municipal condenada debe ser cesada

O Goberno Municipal, en contestación a preguntas reiteradas do BNG, negara ter coñecemento da sentenza.

No proceso selectivo que orixinou a sentenza do Tribunal Supremo participou de forma irregular como secretario da comisión de avaliación o actual xefe do gabinete técnico do Concello de Culleredo.

O BNG exixe coñecer os informes en que se baseou a postura do Goberno Municipal para non aceptar cesar á traballadora municipal inhabilitada.

É imprescindíbel aclarar por que non se deu cumprimento ao requirimento de cese da Audiencia.

Ler novas