TRIBUNAIS

A Audiencia Provincial confirma o que denuncia o BNG: A traballadora municipal condenada debe ser cesada

O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

O Goberno Municipal, en contestación a preguntas reiteradas do BNG, negara ter coñecemento da sentenza.

No proceso selectivo que orixinou a sentenza do Tribunal Supremo participou de forma irregular como secretario da comisión de avaliación o actual xefe do gabinete técnico do Concello de Culleredo.

O BNG exixe coñecer os informes en que se baseou a postura do Goberno Municipal para non aceptar cesar á traballadora municipal inhabilitada.

É imprescindíbel aclarar por que non se deu cumprimento ao requirimento de cese da Audiencia.

A Audiencia Provincial confirma o que denuncia o BNG: A traballadora municipal condenada debe ser cesada

Desde que en xullo de 2021 se fixo pública a sentenza do Tribunal Supremo que inhabilitaba unha asesora xurídica do Concello de Culleredo, o BNG de Culleredo se dirixiu en reiteradas ocasións ao Goberno Municipal preguntándolle pola continuidade desa traballadora no seu posto, á vista da sentenza.

Malia a insistencia do BNG, o Goberno Municipal en ningún momento tomou determinación algunha, coa excusa de non ter sido notificados da sentenza e mesmo afirmando non querer facer "xuízos paralelos", cando se trataba de executar unha sentenza que ten carácter público, que como tal saíu en distintos medios de comunicación e que está publicada no repositorio do Consello Xeral do Poder Xudicial.

O BNG de Culleredo exixe coñecer en que informes se baseou o Goberno Municipal para dicir que "por esta corporación non cabe adoptar medida algunha para o efectivo cumprimento da pena de inhabilitación". Ao tempo alerta das consecuencias que poidera ter sobre a validez dos actos nos que participa, a permanencia no cargo de asesora xurídica dunha persoa inhabilitada xudicialmente.

Cabe lembrar que, de acordo coa sentenza, a propia condenada manifestou a necesidade de seleccionar a persoas de confianza para a comisión de valoración do proceso selectivo, e finalmente participaría como secretario o actual xefe do gabinete técnico do Concello de Culleredo, funcionario que fora candidato número 2 na lista do PSOE de Cambre no seu dia.

Esta traballadora agora condenada fora presidenta do comité de empresa pola UGT, sindicato ao que tamén pertence a concelleira de persoal Marta Figueroa; tamén, sindicato asinante da declaración de queixa contra o traballo da oposición en Culleredo hai poucos meses, pouco antes de que o goberno municipal aprobara unha paga de productividade extraordinaria que levou reparos da interventora e secretaria municipais.

Para o BNG de Culleredo é urxente aclarar as implicacións deste caso, limpando calquera sospeita sobre as actuacións municipais, para que o traballo dunha inmensa maioría de persoas traballadoras municipais non se vexa empañado polas actuacións, de dubidosa ética, duns poucos individuos.

A Audiencia Provincial confirma o que denuncia o BNG: A traballadora municipal condenada debe ser cesada