NOVO PXOM

O BNG pide claridade ao Goberno Municipal na tramitación do PXOM

portada pxom 2

Dous días despois do Pleno os responsabeis municipais comunican pola prensa novidades sobre o PXOM que poderían e deberían ter sido expostas nese Pleno ou nas Comisións Informativas, xogando ao obscurantismo mentras hai 1100 alegacións de veciñas e veciñas de Culleredo a agardar por unha contestación dende hai 4 anos.
 

O BNG pide claridade ao Goberno Municipal na tramitación do PXOM

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicita ao Goberno Municipal maior clareza e transparencia na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, tras ter coñecemento pola prensa da reunión do Alcalde con representantes da Xunta de Galiza.

"Non pode ser que, dous días despois do Pleno Municipal, onde se supón que o Goberno Municipal dá conta pública dos temas que afectan aos nosos veciños e veciñas, non teñamos que enterar pola prensa da reunión do Alcalde uns días antes, e das novas esixencias da Consellaría, sen que os reponsábeis municipais informasen delas nen no Pleno nen nas Comisións Informativas, convertidas, por desgraza, nun mero trámite administrativo", manifestou Tono Chouciño.

O voceiro nacionalista solicitou a convocatoria da Comisión de Seguimento do PXOM, onde todos os grupos poidan ter coñecimento das últimas novidades e, ao mesmo tempo, a publicación na web municipal dos informes que xa constan.

Segundo Tono Chouciño "hai 1100 alegacións de veciños e veciñas de Culleredo agardando por unha constestación dende hai 4 anos, sen que esas persoas aprecien os avances na tramitación polo obscurantismo na tramitación do Plan. A información contida na web sobre o PXOM apenas se actualizou en todo este tempo, cando é unha ferramenta totalmente axeitada e necesaria para que manter á cidadanía informada".

O BNG pide claridade ao Goberno Municipal na tramitación do PXOM