CULLEREDO
Novas
20260307 emerxencias Culleredo_ vehículo abandonado

Culleredo sen Servizo de Emerxencias municipal

O Servizo de Emerxencias municipal está nunha situación de total precariedade, tanto no referido a medios humanos como materiais.

O servizo, que depende directamente do Alcalde José Ramón Rioboo, leva tempo arrastrando esta precariedade, sen persoal e co camión de emerxencias inoperativo.

Nos lumes que calcinaron dúas casas esta semana, como en anteriores incidencias, unicamente interviron dotacións provintes de Arteixo e Betanzos.

Culleredo, pola súa situación estratéxica, precisa urxentemente dotar de xeito axeitado os seus servizos de emerxencias ante situacións que requiran actuacións inmediatas.

Ler novas
Novas
Casa do Concello de Culleredo

O BNG INSTA A DAR TRASLADO DO EXPEDIENTE DA ILUMINACIÓN DE NADAL AO CONSELLO DA COMPETENCIA

Só unha empresa se presentou á contratación, que se licitou cando faltaban poucos días para a campaña de Nadal e se adxudicou cando xa debían estar os elementos decorativos en funcionamento.

A empresa adxudicataria é a mesma que veu desenvolvendo os traballos nos últimos 10 anos, coa salvedade do 2022, cando a licitación se fixo con antelación suficiente, iniciándose en agosto.

A ausencia de concurrencia nas licitacións é un dos indicios que o Conselo de Contas menciona como sinal de malas prácticas na contratación pública.

Ler novas
Novas
Villa Melania, instalación municipal en Vilaboa

O BNG DEMANDA A PUBLICACIÓN DOS CONVENIOS ASINADOS POLO CONCELLO DE CULLEREDO

O BNG demanda a efectiva publicación dos convenios, urbanísticos ou doutra índole, asinados polo Concello de Culleredo.

A ocultación dos convenios impide rematar coa sangría económica constante para o noso Concello motivada polo seu incumprimento.

Este ano foron asignados a Culleredo 6,5 millóns dos fondos Edusi; a demanda polos terreos do Paseo Marítimo xa case triplica esa cantidade.

Tanto nos últimos casos como nos coñecidos anteriormente, o Concello adoitaba fiar o cumprimento da súa parte á modificación do PXOM, que leva paralizado desde 2013.

Ler novas
Novas
photo_5913541385703328632_y

O GOBERNO MUNICIPAL NEGA O ACCESO Á INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO SELECTIVO DUNHA ENXEÑEIRA INDUSTRIAL

O BNG solicitou o acceso ao expediente do proceso selectivo para unha praza de Enxeñeira Industrial, que lle foi denegado.

Tanto a lexislación como a xurisprudencia recollen o dereito dos concelleiros e concelleiras a ter plena información dos asuntos municipais, para poder fiscalizar a actuación do Goberno.

A tentativa de dificultar o acceso ao expediente e de ocultar o seu contido non fai máis que agrandar as sospeitas existentes.

Ler novas
Novas
595940308_1326556582845054_3968972210046418691_n

MÁIS SOMBRAS QUE LUCES NA ILUMINACIÓN DE NADAL EN CULLEREDO

O nulo interese do goberno municipal por apoiar o comercio local provocou a demora de 12 días no acendido nas luces de Nadal.

A empresa adxudicataria, a mesma dos últimos anos e única que se presentou, vai cobrar a totalidade do orzamentado malia ese recorte no tempo efectivo de prestación do servizo.

O Goberno municipal está instalado no abandono e no desinterese total polas súas responsabilidades.

Ler novas
Novas
IMG_20231018_125907

O BNG esixe a execución inmediata da reforma do pavillón de Tarrio

O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, leva paralizado desde a formalización do contrato en novembro de 2021.
As obras de reforma tiñan un prazo de execución de 4 meses, e deberían ter sido rematadas en marzo de 2022.
As entidades usuarias levan reclamando durante anos solución ás deficiencias que lles impiden competir en mínimas condicións de seguridade e que fan que acumulen sancións por parte das federacións.
Ler novas
Novas
Fondo Xeral

O BNG de Culleredo traslada 50 medidas imprescindibles para os 100 primeiros días de goberno

O goberno municipal de Culleredo aínda non convocou o Pleno de Organización no que debe dar conta da estructura política da súa administración e que xa se celebrou en tódolos concellos da Comarca.

Diante da situación de parálise do goberno municipal, o BNG de Culleredo ten trasladado ao goberno municipal e ao PSOE de Culleredo máis de 50 medidas a levar a cabo dentro dos 100 primeiros días de actividade do novo goberno.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “as medidas trasladadas polo BNG ao goberno municipal de Culleredo son esenciais para contar cun goberno que se poida chamar transparente e decente”.

Ler novas
Novas
writing-hand-money-business-save-calculator-1109928-pxhere.com

Cargan recibos á veciñanza desde o Concello sen notificar a que corresponden

A veciñanza, tras varias solicitudes de información, puido saber que o Concello estaba a incumprir as súas propias normas e que estaba a pasar agora ao cobro as taxas polas actividades municipais do curso 2021/2022, nun só cargo e sen previo aviso.

Chega a darse o caso de que se pase ao cobro a taxa a persoas que causaron baixa naquelas actividades e non desfrutaron das mesmas.

Confírmase a incapacidade manifesta do goberno municipal para organizar estas actividades, despois de que as do curso 2022/2023 tiveranse iniciado máis de 2 meses máis tarde do previsto.

Ler novas