CULLEREDO
Novas

O BNG de Culleredo presenta o equipo co que aspira a formar o vindeiro goberno municipal

Tono Chouciño, actual voceiro nacionalista, encabeza unha candidatura sen ataduras, co obxectivo de facer de Culleredo o concello que os seus veciños e veciñas merecen.

Repiten con el os actuais concelleiros, Beatriz Mosquera e Gonzalo Méndez.

Entre as incorporacións a estes primeiros postos hai tres mulleres independentes, representantes dunha veciñanza chea de ganas e ilusión para transformar o noso concello co seu traballo.

Ler novas
Novas
01. Tono Chouciño 1

Tono Chouciño: "Culleredo precisa un goberno decente"

Ana Pontón, presente no acto, fixo fincapé na determinación e na capacidade de traballo de Tono Chouciño.

Tono Chouciño lembrou os numerosos colectivos cos que ten colaborado dende a oposición para axudalos nas súas demandas.

Comprometeuse a dar a Culleredo o goberno decente que presente, que estea do lado dos veciños no día a día, e faga avanzar o Concello.

Ler novas
Novas

O Goberno Municipal modifica ilegalmente a Mesa de Contratación de Culleredo

A modificación foi feita para avaliar a presunción de temeridade da oferta que resultou finalmente adxudicataria da licitación das Escolas Municipais.

A composición da Mesa de Contratación foi modificada por resolución da Concelleira de Facenda, cando a competencia é do Pleno.

Calquera das empresas que non foron adxudicatarias podería recorrelo e meter nun problema económico (outro máis) ao Concello de Culleredo.

Tanto os servizos xurídicos, nos seus informes, como a oposición, advertiran xa das irregularidades.

Ler novas
Novas
2022082 lanzamento actividades municipais

O Concello de Culleredo aínda non ten contratadas as actividades culturais e deportivas municipais

O Goberno municipal anunciara o comezo das súas actividades en outubro.

O Concello aprobou a iniciación do proceso de contratación o 28 de outubro, e as empresas aínda teñen até o 14 de novembro para presentar as súas ofertas.

A día de hoxe descoñécese cando poderán empezar a funcionar.

Verifícase, unha vez máis, o desleixo e a incapacidade deste goberno municipal para levar a cabo até as tarefas máis rotineiras e previsíbeis da xestión municipal.

Ler novas
Novas
Recinto deportivo da Xunta en Acea de Ama

O BNG demanda o incremento das partidas destinadas a Culleredo nos orzamentos da Xunta para 2023

Solicítanse varias melloras no recinto da Xunta en Acea de Ama, entre elas a mellora da mobilidade interna e un segundo vaso na piscina con dimensións olímpicas.

Para a zona rural demándanse un novo centro de saúde e un Instituto, que eviten numerosos desprazamentos diarios e fomenten á igualdade no acceso a servizos básicos da veciñanza desa zona.

O BNG demanda un plan de industrialización comarcal, e a conexión ferroviaria do Centro Loxístico de Ledoño co porto exterior.

Ler novas