O BNG de Culleredo solicita a apertura de xardíns da contorna urbana

Xardín Botánico do Burgo
Xardín Botánico do Burgo

As meirandes zonas verdes permanecen pechadas arredor dos núcleos máis poboados.

 

O BNG de Culleredo solicita a apertura de xardíns da contorna urbana

A apertura do Xardín Botánico do Burgo, do recinto deportivo de Acea da Ama ou da finca de Villa Melania sería de moita axuda para aliviar as aglomeracións de xente nas rúas a horas puntas e, así, facilitar o cumprimento das medidas de distanciamento social. É por isto que o BNG de Culleredo solicitou ao goberno municipal que permita o paso polos seus parques agora pechados e solicite o propio á Xunta de Galicia para o caso do espazo deportivo de Acea de Ama.

Todos estes recintos están situados na zona de maior densidade de poboación de Culleredo, é dicir, onde vive máis xente e, á vez, é máis notoria a escaseza de lugares polos que pasear; polo que a súa apertura sería ben acollida. Esta medida é compatible co decreto de estado de alarma e as súas modificacións, agás nos casos dos parques infantís que se atopan nesas zonas, que deberían manterse precintados como está o resto.

No caso dos lugares máis concorridos, como é o caso do paseo marítimo no Burgo, o BNG propón que se artelle unha fórmula para regular a circulación de peóns e bicicletas, tal e como establece a Orde SND/380/2020, de 30 de abril, “Para posibilitar que se mantenga la distancia de seguridad las entidades locales facilitarán el reparto del espacio público a favor de los que caminan y de los que van en bicicleta, en ese orden de prioridad.”

O BNG de Culleredo solicita a apertura de xardíns da contorna urbana