ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Tono Chouciño: "Culleredo precisa un goberno decente"

01. Tono Chouciño 1
Tono Chouciño

Ana Pontón, presente no acto, fixo fincapé na determinación e na capacidade de traballo de Tono Chouciño.

Tono Chouciño lembrou os numerosos colectivos cos que ten colaborado dende a oposición para axudalos nas súas demandas.

Comprometeuse a dar a Culleredo o goberno decente que presente, que estea do lado dos veciños no día a día, e faga avanzar o Concello.

Tono Chouciño: "Culleredo precisa un goberno decente"

Este xoves tivo lugar, nun Centro Social de Castro e A Laxe ateigado de veciños e veciñas de Culleredo, a presentación de Tono Chouciño como candidato do BNG ás videiras eleccións municipais do 28 de maio.

O acto contou coa participación de Ana Pontón, voceira nacional do BNG, que fixo fincapé na determinación e na capacidade de traballo de Tono Chouciño para poñer Culleredo na senda de outros concellos gobernados polo BNG, empregando o exemplo de Carballo "un concello de similares dimensións e características, que dende a chegada do BNG con Evencio Ferreiro á alcaldía se convertíu nunha referencia polo seu dinamismo e progreso".

Tono Chouciño, na súa intervención, fixo un periplo polos distintos colectivos cos que colaborou e cos que traballou para acadar unha solución aos seus problemas, dende os mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo, cos que se traballou para a limpeza e rexeneración da Ría, até os pais e nais do Conservatorio, aos que se está a apoiar para acadar a cobertura das ausencias do profesorado, pasando polos afectados polo novo Plan Director do Aeroporto, aos que se lles está axudar para reducir as afeccións sobre as súas propiedades.

O acto contou coa presenza de representantes de varios deses colectivos, así como tamén de persoas que se manifestaron en defensa da conservación dos xardíns do Pazo dos Serrano , ou da veciñanza burlada polo amago de obras en Fonte da Balsa, que aínda seguen sen realizarse 10 anos despois de prometidas.

Tono Chouciño comprometeuse a dotar a Culleredo "dun goberno decente, que estea ao lado dos veciños e veciñas no día a día, e que faga progresar e avanzar un Concello que ten un grande potencial que pode facer de Culleredo un referente a nivel comarcal e galego".

 

 

Tono Chouciño: "Culleredo precisa un goberno decente"