PXOM
Novas
IMG_20260124_103756 PAVILLÓN TARRÍO RDX RC

Moción do BNG para posibilitar novas instalacións deportivas en Tarrío

A moción rexistrada pide iniciar o expediente para ordenar a contorna das instalacións deportivas e dotalas dun espazo multiusos destinado principalmente a ximnasio.

Nen as actuais instalacións, ao límite das súas capacidades, nen o proxecto de reforma do Pavillón contemplan este espazo.

A creación dunha sala multiusos é unha demanda dos clubes que lles permitiría mellorar os adestramentos e reducir a saturación dos espazos actuais.

Ler novas
Novas
Villa Melania, instalación municipal en Vilaboa

O BNG DEMANDA A PUBLICACIÓN DOS CONVENIOS ASINADOS POLO CONCELLO DE CULLEREDO

O BNG demanda a efectiva publicación dos convenios, urbanísticos ou doutra índole, asinados polo Concello de Culleredo.

A ocultación dos convenios impide rematar coa sangría económica constante para o noso Concello motivada polo seu incumprimento.

Este ano foron asignados a Culleredo 6,5 millóns dos fondos Edusi; a demanda polos terreos do Paseo Marítimo xa case triplica esa cantidade.

Tanto nos últimos casos como nos coñecidos anteriormente, o Concello adoitaba fiar o cumprimento da súa parte á modificación do PXOM, que leva paralizado desde 2013.

Ler novas
Novas
CEIP Ría do Burgo

O BNG demanda a publicación dos convenios asinados polo Concello de Culleredo

- O BNG demanda a efectiva publicación dos convenios, urbanísticos ou doutra índole, asinados polo Concello de Culleredo.
- A ocultación dos convenios impide rematar coa sangría económica constante para o noso Concello motivada polo seu incumprimento.
- Este ano foron asignados a Culleredo 6,5 millóns dos fondos Edusi; a demanda polos terreos do Paseo Marítimo xa case triplica esa cantidade.
- Tanto nos últimos casos como nos coñecidos anteriormente, o Concello adoitaba fiar o cumprimento da súa parte á modificación do PXOM, que leva paralizado desde 2013.
Ler novas
Novas
Entrada a Villa Celina

O BNG leva a pleno o rexeitamento ao plan para urbanizar o Pazo dos Serrano

O BNG ven de presentar para o seu debate no Pleno do vindeiro xoves unha moción para rexeitar a aprobación do plan especial que procura urbanizar o Pazo dos Serrano.

A moción contempla destinar ese espazo a un parque público, tal e como xa se acordara en 2013 coa aprobación inicial do novo PXOM.

O acordo procura ademais iniciar os trámites para a declaración deste conxunto como Ben de Interese Cultural.

Ler novas
Novas

O BNG de Culleredo presentará iniciativas para recorrer a aprobación do Plan Director do aeroporto de Albedro.

É inadmisíbel un plan que introduce importantes afectacións sobre o patrimonio de miles de Cullerdenses.

A aprobación do novo Plan director para Albedro sentenza de morte o PXOM de Culleredo aínda en tramitación.

Os datos de tráfico de pasaxeiros en Albedro están inflados artificialmente.

É precisa a ordenación do Sistema Aeroportuario Galego, coordinando os 3 aeroportos con outros medios de transporte, para dar servizo ás  necesidades de mobilidade dos galegos.

Ler novas
Novas
ua16 reunión afectados

O BNG impulsa a convocatoria dun Pleno Extraordinario sobre a situación da UA16

A Xustiza declara "non conforme a dereito" a resolución dictada pola alcaldía en xaneiro de 2017 sobre a UA16.

Os terreos son causa de varias controversias e causas xudiciais, que afectan ao ex-alcalde Julio Sacristán e ao empresario inmobiliario Antonio Fontenla.

A iniciativa está asinada por concelleiros e concelleiras dos 3 grupos da oposición, que superan o número legal esixido para a convocatoria dunha sesión extraordinaria.
 

Ler novas
Novas
Rúa do Souto, onde a edificación prevista elevarase até 20 metros sobre o nivel da rúa.

Regreso ao pasado. O Culleredo de José Ramón Rioboo.

- O proxecto presentado polo Concello para o Pazo dos Serrano confirma o nulo interese do Goberno Rioboo por aprobar o novo PXOM e a súa querencia por un concepto de urbanismo ancorado no pasado.

- O proxecto desbarata as previsións de preservar un espazo verde de gran valor para o desfrute dos veciños e veciñas de Vilaboa.

- Ingnóranse as advertencias da Xunta sobre o impacto da construción de edificios de até 6 alturas nun entorno con vivendas unifamiliares e edificacións catalogadas.

- O BNG solicitará o acceso e a publicación na Sede Electrónica de todo convenio existente entre os propietarios dos terreos e o Concello e elaborará un documento de alegacións que poñerá ao dispor da veciñanza.

 

Ler novas