O BNG demanda información completa do PXOM
A información facilitada polo Goberno Municipal en outubro non incluía nengunha das modificacións con respecto á aprobación inicial de 2013.
Ao comparar esa información coa Memoria Ambiental comprobamos que existen numerosas discrepancias, como un ámbito da Zapateira que aumentou 120.000 m².
Dada a complexidade e a cantidade de información a analizar solicitamos asistencia técnica na sesión constitutiva da Comisión Especial do PXOM que se celebrará este mércores día 30.