URBANISMO

O BNG demanda información completa do PXOM

CD PXOM OUTUBRO 2016
En outubro de 2016 entregóusenos unha copia do PXOM que nen sequera contiña as modificacións xa publicadas no DOG

A información facilitada polo Goberno Municipal en outubro non incluía nengunha das modificacións con respecto á aprobación inicial de 2013.

Ao comparar esa información coa Memoria Ambiental comprobamos que existen numerosas discrepancias, como un ámbito da Zapateira que aumentou 120.000 m².

Dada a complexidade e a cantidade de información a analizar solicitamos asistencia técnica na sesión constitutiva da Comisión Especial do PXOM que se celebrará este mércores día 30.

O BNG demanda información completa do PXOM

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demanda do Goberno Municipal que facilite información completa do estado no que se encontra o novo PXOM, para o que sería necesario a asistencia á Comisión Especial do PXOM, que se constituirá este mércores 30, tanto de técnicos municipais de Urbanismo como de representantes do equipo redactor.

Tono Chouciño lembra que na solicitude rexistrada xa figuraba a necesidade de asistencia por persoal técnico "dada a cantidade de información a analizar e a súa complexidade".

O voceiro nacionalista lembrou tamén que tras solicitar no Pleno de setembro, entre outras cousas, unha copia de toda a documentación ao PXOM, "incluídas as modificacións que puideran ter habido desde a aprobación inicial, se nos facilitou un CD que apenas tiña os documentos da aprobación inicial, sen sequera as modificacións aprobadas no pleno de agosto de 2013".

"Despois de comprobar a Memoria Ambiental aprobada pola Xunta, sórprendenos atopar os grandes cambios que parece se produciron dende a aprobación inicial de marzo de 2013. Na Zapateira algún ámbito pasa de 65 hectáreas a 77, un incremento de 120.000m² nunha zona cunhas infraestruturas de comunicación e de subministracións deficitarias para o crecemento que se lle pretende dar", manifestou o representante do BNG, que agarda poder coñecer na reunión do mércores como se van incorporar as rectificacións propostas pola Xunta ao PXOM.

O BNG demanda información completa do PXOM