PXOM

O BNG pide información sobre a tramitación do PXOM

Ortofoto do Concello de Culleredo, contida na documentación do proxecto de PXOM

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo volveu preguntar, no último pleno municipal, polo estado de tramitación no que se atopa o novo PXOM, do que seguimos sen noticias dende a súa exposición pública a comezos de 2013, hai xa máis de 3 anos.

O BNG pide información sobre a tramitación do PXOM

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo volveu preguntar, no último pleno municipal, polo estado de tramitación no que se atopa o novo PXOM, do que seguimos sen noticias dende a súa exposición pública a comezos de 2013, hai xa máis de 3 anos.

En concreto, Tono Chouciño preguntou a Alcalde Julio Sacristán pola súa afirmación reiterada de que estaban á espera do informe preceptivo da Dirección Xeral de Aviación Civil.

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo ten constancia dunha responsta desa Dirección Xeral, con data 2 de marzo deste ano, onde se afirma textualmente: "esta Dirección General no tiene pendiente de emitir actualmente ningún informe, en tanto el Ayuntamiento no solicite uno nuevo".

Tense tamén constancia de que con posterioridade a esta resposta Monteoliva Arquitectura S.L.P., empresa redactora do PXOM, entregou ao Concello documentación elaborada para tamitar solicitude de informe do PXOM ante a Dirección Xeral de Aviación Civil.

Ante esta situación Tono Chouciño exixe do Goberno Municipal "aclarar as datas nas que se tramitaron as correspondentes solicitudes de informes preceptivos, amosando os correspondentes rexistros de entrada e saída, pois estamos ante unha demora que sobrepasa todo o razoábel."

O BNG pide información sobre a tramitación do PXOM