O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Seguridade

O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Seguridade

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demandou no último pleno ao Goberno Municipal a convocatoria dos Consellos Sectoriais que restan, o de Seguridade e o de Urbanismo, Medio Ambiente e Promoción Económica.

O voceiro nacionalista fixo fincapé na urxencia da constitución do Consello Sectorial de Seguridade, dado a última vaga de roubos en fogares e negocios que estamos a sofrer no noso Concello, tanto en vivendas particulares coma en establecementos comerciais, que está a xerar unha preocupación crecente nos nosos veciños e veciñas, como poñen de manifesto as distintas reclamacións que nos están a chegar relacionadas con esta cuestión.

Tono Chouciño, lembrou tamén que a constitución deses dous Consellos é precisa para proceder á do Consello Xeral de Participación Cidadá, no que correspondería elaborar as propostas para o 30% do investimento a incorporar nos orzamentos de 2016, tal e como se aprobou en acordo plenario en xullo de 2015.

 

 

O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Seguridade