O concello de Culleredo convoca un proceso selectivo sen garantías de transparencia

O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro
Casa do Concello en Tarrío

A secretaria xeral avisa de que non se garante a correcta comunicación cos candidatos

Tamén falta establecer criterios claros para valorar as probas

O concello de Culleredo convoca un proceso selectivo sen garantías de transparencia

O BOP vén de publicar “Convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de auxiliar administrativo/a (persoal funcionario interino)” para o concello de Culleredo. A secretaria xeral do municipio advertiu que esta proposta non se axusta ás garantías mínimas de transparencia.

Por unha banda, a funcionaria avisa sobre o procedemento para efectuar os chamamentos, xa que só se prevé a vía telefónica, cando debería existir algún outro medio para a comunicación que permita acreditar de xeito fidedigno a súa realización (como por exemplo, a publicación da oferta no taboleiro electrónico do concello), e ofrecendo un prazo para que os interesados expresen a súa intención e que quede constancia, tamén, das renuncias, de ser o caso.

Por outro lado, a secretaria tamén fai observacións sobre a fase de oposición. As bases deberían expoñer con claridade a puntuación para cada pregunta acertada ou a penalización para os erros. Tamén recomenda que se prevean preguntas de reserva.

Con todo isto, os hipotéticos participantes no proceso selectivo muncipal non coñecen como se valorará o seu desempeño nas probas, ou se esa valoración se decidirá sobre a marcha, e que criterios se seguirán, polo que non se pode garantir nin transparencia nin igualdade de oportunidades.

 

O concello de Culleredo convoca un proceso selectivo sen garantías de transparencia