BNG e PSOE acordan negociar a moción polo mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios

Raquel Jabares
BNG e PSOE acordan negociar a moción polo mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios

Culleredo, 31 de agosto de 2012.- Tras longas negociacións, a pouco de comezar o pleno no que se ía discutir a moción presentada en solitario polo BNG, chegouse a un acordo cos representantes do PSOE, aceptando estes negociar o mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios do Concello, tal e como anunciou Raquel Jabares, voceira do Grupo Municipal do BNG, no propio pleno.

Ábrese agora un proceso negociador no que, ademais dos dous grupos no goberno, participarán as organizacións sindicais, no que se tentará acadar un acordo de amplo consenso, que será levado a pleno o vindeiro mes de setembro para a súa aprobación.

BNG e PSOE acordan negociar a moción polo mantemento do poder adquisitivo dos funcionarios