O BNG reclama transparencia arredor do Recorda Fest
O festival, que se viña anunciando con sete estalos nas canles municipais, finalmente non se celebrará en Culleredo
O goberno debe aclarar en que consistía o patrocinio ou colaboración municipal
Teñen que dicir cantos cartos se empregaron nesa “colaboración”
O BNG de Culleredo denuncia o descoñecemento das condicións nas que se celebrará o Morriña Festival
A pesar de terse anunciado o patrocinio do Concello de Culleredo ao Morriña Festival, non existe documento de ningún tipo no que se especifiquen as condicións para a celebración deste evento.
O BNG de Culleredo ten solicitado acceso á documentación, tendo recibido por resposta que non existe máis que unha solicitude de uso do espazo por parte da promotora.
Segundo o protocolo marcado pola Xunta, é preciso e ineludible un Plan de Prevención de Riscos que recolla as medidas fronte á COVID-19 para a celebración de eventos deste tipo.
O BNG de Culleredo revisará a autorización da Feira Medieval no contexto de ascenso de casos COVID
Preocupa a evolución do número de casos.
A veciñanza non entende que se convoquen eventos de masas.
Contradición entre o anuncio de plan de control noutros puntos con eventos multitudinarios.
O BNG solicita acceso aos expedientes e licenzas de actividade das atraccións das festas patronais
No último Pleno preguntamos ao Alcalde pola licenza de actividade da atracción paralizada nas festas do Burgo e polos expedientes para a obtención da licenza de instalación e funcionamento, sen obter resposta.
O BNG considera necesaria a revisión das condicións nas que as atraccións das festas obteñen a súa licenza de actividade.
Debe prevalecer a súa seguridade polo ben da veciñanza de Culleredo e dos milleiros de visitantes que se achegan ás nosas festas.
O BNG rexistrou unha solicitude para o acceso aos expedientes abertos para outorgar licenza de actividade ás atraccións instaladas nas Festas de Vilaboa e do Burgo.
O Concello de Culleredo obrigado pola Valedora do Pobo a cambios na ordenación das festas
O pasado mércores o BNG reuniuse con persoas afectadas polo descontrol nas festas do Burgo e Vilaboa, e que ante a inacción do Concello víronse na obriga de recorrer á Valedora do Pobo en varias ocasións dende o ano 2014.
Esta institución requeriu ao Concello para que cumpra e faga cumprir a lexislación en materia de ruídos e protección do medio ambiente.
Queixas veciñais pola mala xestión das festas
O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo está a receber numerosas queixas da veciñanza de Vilaboa polos resultados das festas de Vilaboa e pola preocupación existente de cara ás do Burgo, mostra da escasa confianza nas promesas feitas recentemente polo Goberno Municipal.
O BNG solicita mellorar a xestión dos eventos en espazos públicos
Culleredo debe avanzar nunha regulación que dea claridade aos procedementos de contratación de eventos en espazos públicos, garantindo a igualdade de oportunidades e tamén, en todo caso, a seguridade e as condicións de hixiene tanto para as persoas que acuden aos eventos como para o conxunto de veciños e veciñas.
O Concello debe tamén ter unha maior implicación na organización das festas populares, que nalgún caso derivaron a un modelo de festas de macrobotellón, todo o contrario do que a administración municipal debe fomentar.