O BNG de Culleredo lembra ao Alcalde demandar os fondos POS da Deputación

Pista Ledoño
Pista Ledoño

A Deputación convoca axudas de cobertura social pola Covid-19

O prazo remata esta semana e o goberno non informou de se está tramitando estas axudas.

Non se convocou aos membros da corporación para a tramitación.

Noutros concellos da comarca xa teñen convocados os Plenos para facelo.

O BNG de Culleredo lembra ao Alcalde demandar os fondos POS da Deputación

A Deputación da Coruña vén de ofrecer novos fondos POS aos concellos coa finalidade de minimizar as consecuencias da pandemia do coronavirus, tanto como para cubrir gastos sociais extraordinarios, como para e investimentos. Só fai falla pedilos.

Culleredo ten dereito a 81.771,60€ para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 (POS+ADICIONAL 1/2020) e 306.643,49€ para investimentos no POS+ADICIONAL 2/2020. A cuberta da polideportiva de Ledoño e a mellora do carril bici do paseo marítimo están pendentes desas achegas da Deputación.

En Culleredo, o goberno municipal non informou á oposición se está tramitando estas liñas de axudas, nin a celebración do pleno preceptivo, malia que o venres 29 remata o prazo para a súa solicitude.

Varios concellos lindeiros, como Oleiros e Cambre convocaron xa os órganos encargados de informar para a solicitude destes fondos adicionais da entidade provincial e celebrarán o pleno necesario para a súa aprobación esta mesma semana.

Non están os tempos para deixar todo pendente para o último momento. A oposición ten dereito a estar ao tanto da tramitación de cuestións de gran importancia como son estas axudas tan necesarias para contribuír a axudar a saír da crise mediante as achegas e investimentos que colaboren na dinamización económica.

O BNG de Culleredo lembra ao Alcalde demandar os fondos POS da Deputación