Novas
chan roto polideportiva

Desperfectos no parquet da Polideportiva de Cordeda

Trala aparición de diversos desperfectos no parquet da polideportiva de Cordeda, entre eles a rotura dalgunha das táboas, pedimos a valoración dos danos e súa reparación. Pedimos tamén a determinación de se os danos gardan relación coa colocación dunhas canastras móbiles cun sistema de rodamento non axeitado para esa superficie, problema que denunciamos no seu momento e que supostamente xa estaba arranxado.

Ler novas
Roteiro histórico por Culleredo - Pazo dos Serrano en Vilaboa

Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo

O pasado sabado 28 de xaneiro de 2017 saimos de roteiro por Culleredo para coñecer máis da historia e lugares emblemáticos do noso concello. Ademáis, fixemos unha parada especial no Centro Social de Sésamo para recordar ao compañeiro Moncho Valcarce no seu cabodano.

Ler novas
debate estado municipio 2016

PSOE, Marea e Ciudadanos aproban os orzamentos do engano

O BNG-Asembleas Abertas estuda recurrir uns orzamentos continuístas, que burlaron as promesas de participación cidadá na súa elaboración e recollen pagos sen contrato por máis de 600.000€. Os vecinos, que aportan máis do 50% dos ingresos, van ter que pagar 1.500.000€ polos terreos do Colexio Ría do Burgo, 7 veces máis que os do colexio que se está a construír agora mesmo.

Ler novas
CEIP Ría do Burgo actualidade

O goberno municipal de Culleredo non recurrirá a sentenza do colexio Ría do Burgo.

A sentenza obriga ao pago de 1,5 millóns de euros por invadir propiedade privada na construción do CEIP Ría do Burgo, incumprindo Convenio que foi proposto polo Alcalde, Julio Sacristán, a quen o Pleno facultou para "levar a bo fin o Convenio", cousa que evidentemente non aconteceu.
Segundo o Convenio o Concello debía facilitar á promotora unha parcela con 3000 m2 de edificabilidade, cando a parcela que se adquiría a tiña de 120 m2. Ademais, para poder ocupar a parcela debería tela recalificado, cousa que nunca fixo. A sentencia deixa o CEIP Ría do Burgo en condicións de precariedade urbanística.
O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo votará en contra dun Orzamento que asume un negocio que resultou ruinoso e hipoteca as arcas municipais, sen nengún tipo de depuración de responsabilidades.
 

Ler novas
centro de día rdx

O BNG demanda a creación dunha residencia de maiores en Culleredo

Solicitamos a través das emendas aos Orzamentos da Xunta a creación dunha residencia de maiores en Culleredo, debido ao déficit de prazas en residencias públicas na comarca, que obriga ás persoas sen recursos para ir á privada a ingresar en residencias lonxe das súas familias.
Tamén solicitamos dotación orzamentaria para a ampliación da Escola Infantil Fonte da Balsa, para o que o Pleno Municipal xa aprobou a cesión dos baixos, actualmente baleiros.

Ler novas
pleno debate moción apoio mariscadores

O BNG de Culleredo pide separar a negociación do POS+2017 e do Orzamento

Tono Chouciño urxe a aprobar o POS+2017 por separado e con independencia da aprobación dos orzamentos para 2017, que o Goberno Municipal parece querer vincular para presionar e chantaxear aos restantes Grupos Municipais, ofrecendo no plan provincial uns caramelos que fagan máis dixeríbeis uns orzamentos intragábeis.

Ler novas
estrada AC400 en Celas, nas proximidades da escola unitaria

O BNG demanda melloras na seguridade viaria

A través dos representantes do BNG no Parlamento tramitamos emendas aos orzamentos da Xunta para a mellora na seguridade nas estradas de titularidade autonómica AC213, entre O Burgo e A Telva, na AC523 ao seu paso por Ledoño e na AC400, entre Vinxeira e Celas.

Ler novas
debate estado municipio 2016

O goberno municipal avanza na consolidación das perdas do CLT

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo votou en contra da actualización de inventario levada a Pleno polo goberno municipal, e aprobada grazas á abstención da Marea e de Alternativa, porque supón seguir avanzando na perda patrimonial derivada da tramitación, chea de eivas, desta instalación.

Ler novas