PACTO PSOE MAREA C´S

PSOE, Marea e Ciudadanos aproban os orzamentos do engano

debate estado municipio 2016

O BNG-Asembleas Abertas estuda recurrir uns orzamentos continuístas, que burlaron as promesas de participación cidadá na súa elaboración e recollen pagos sen contrato por máis de 600.000€. Os vecinos, que aportan máis do 50% dos ingresos, van ter que pagar 1.500.000€ polos terreos do Colexio Ría do Burgo, 7 veces máis que os do colexio que se está a construír agora mesmo.

PSOE, Marea e Ciudadanos aproban os orzamentos do engano

O Goberno Municipal sacou adiante, co apoio da Marea e de Ciudadanos, uns orzamentos continuístas que consagran o engano á cidadanía de Culleredo, e que perpetúan o desgoberno que ven padecendo o noso Concello nos últimos anos.

Tono Chouciño fixo fincapé nos máis de 11 millóns que aportan directamente os nosos veciños e veciñas, entre impostos e taxas, e que mentras se anunciou a bombo e platillo que se ían incluír até un 30% das inversións a través da participación cidadá, finalmente as aportacións veciñais que aparecen recollidas nos orzamentos son mínimas, "quixeron ir vostedes máis alá de calquera outro pero resultou unha burla máis do Sr. Sacristán".

O voceiro nacionalista lembrou que se están a realizar pagos sen contrato de máis de 600.000€ por servizos públicos básicos como o de limpeza viaria, vencido dende 2012, ou a concesión do subministro de auga potábel, que manexa un montante 1,2 millóns de € anuais sen contrapestración coñecida.

Pero o maior problema é o pago do millón e medio de indemnización polos terreos do Colexio Ría do Burgo. "Parécenos inaudito que o Alcalde se xustifique decindo que "vamos a poder vender los terrenos", pero se os do colexio que se está a construír agora mesmo costaron 200.000€, 7 veces menos, quen vai pagar un millón e medio polos do Ría do Burgo? Apoiar estes orzamentos é apoiar unha xestión ruinosa para os nosos veciños e veciñas."

O BNG-Asembleas Abertas está a estudar a posibilidade de, á vista dos feitos, presentar recurso contra estes orzamentos, e convida ás Asociacións veciñais de Culleredo a revisalos, xa que non se tivo un mínimo de rigor no procedemento de posta en marcha do mandato regulamentario de orzamento participativo.

PSOE, Marea e Ciudadanos aproban os orzamentos do engano