ACTIVIDADE SOCIAL

Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo

Roteiro histórico por Culleredo - Pazo dos Serrano en Vilaboa
Participantes no Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo

O pasado sabado 28 de xaneiro de 2017 saimos de roteiro por Culleredo para coñecer máis da historia e lugares emblemáticos do noso concello. Ademáis, fixemos unha parada especial no Centro Social de Sésamo para recordar ao compañeiro Moncho Valcarce no seu cabodano.

Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo

O pasado sabado 28 de xaneiro de 2017 saimos de roteiro por Culleredo para coñecer máis da historia e lugares emblemáticos do noso concello. Neste paseo visitamos a Ponte Medieval do Burgo, os Muiños de Acea da Ma, o Pazo dos Serrano no Souto de Vilaboa, o castro de Albedro, os Pazos de Liñares, a Igrexa Vella de Culleredo, a Torre de Celas e o Rego da Xesteira entre outros.

Ademáis, fixemos unha parada especial no Centro Social de Sésamo para recordar ao compañeiro Moncho Valcarce no seu cabodano. Compartimos anécdotas, limos poesías e extractos da súa biografía, visitamos a súa biblioteca da man do Presidente da Asociación de Veciños e fixemos unha ofrenda floral diante do seu busto.

Todo o percorrido foi acompañado de explicacións sobre a historia e a significatividade de cada lugar para a poboación na que se asentan. Agradecemos o traballo dos compañeiros Carlos Enxamio, Suso Baños e Xosé García por preparar cada intervención chea de información que descoñecíamos. Ademáis, tamén aproveitamos para falar das reivindicacións que o BNG de Culleredo ven facendo diante do Concello e outras institucións para o aproveitamento do patrimonio e espazos públicos.

DSC_0229

DSC_0240

DSC_0244

DSC_0278

DSC_0289

DSC_0302

DSC_0306

DSC_0323

DSC_0314

DSC_0328

DSC_0329

 

 

Cartaz Roteiro

 

Roteiro Cultural e Reivindicativo por Culleredo