A Xunta ignora a necesidade urxente do novo Colexio en Culleredo

A Xunta ignora a necesidade urxente do novo Colexio en Culleredo

Hai un mes, no Pleno Municipal de setembro, aprobouse por unanimidade, cos votos tamén dos representantes do Partido Popular, unha moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo que demandaba da Xunta a declaración de urxencia na construción do novo colexio, para conseguir a súa entrada en funcionamento no curso 2016/2017.

Tras coñecerse estes días o proxecto de orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2016, resulta evidente que o Goberno Galego do PP ignora esta petición, pois divide a partida destinada á súa construción en tres anualidades (2016, 2017 e 2018), co que resulta evidente a súa intención de que o novo CEIP entre en funcionamento no curso 2018/2019.

En palabras de Tono Chouciño, voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, esta previsión resulta "totalmente inaceptábel para calquera persoa que defenda unha educación pública de calidade", tendo en conta a saturación existente xa a día de hoxe nos centros educativos de Culleredo, e que a vista dos datos demográficos aínda é susceptíbel de empeorar.

Ante esta situación, o voceiro nacionalista anunciou que o BNG presentará no Parlamento Galego unha emenda aos orzamentos para dotar convenientemente a construción do novo centro "como xa fixemos hai un ano, e non nos cansaremos de facer até conseguilo".

A Xunta ignora a necesidade urxente do novo Colexio en Culleredo