Encontro Aberto en Sésamo

Encontro Aberto en Sésamo

encontro aberto sésamo

 

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo continúa desenvolvendo a xeira de Encontros Abertos, coa que pretende achegar a participación directa nos asuntos do Concello aos seus veciños e veciñas.

Este venres día 30 será en Sésamo, no Centro Social Moncho Valcarce, a partir das 20.00 horas. Daremos conta do traballo desenvolto durante estes últimos meses e recolleremos as propostas e necesidades dos veciños e veciñas de cara aos orzamentos do vindeiro ano.

Encontro Aberto en Sésamo