O Pleno aproba tres das catro mocións do BNG-Asembleas Abertas

O Pleno aproba tres das catro mocións do BNG-Asembleas Abertas

As mocións referentes ao apoio ás demandas das ANPA´s para a mellora dos centros escolares, á cesión dos baixos da galescola da Fonte da Balsa á Xunta de Galiza para a ampliación da Escola Infantil, por unanimidade, e a que demandaba a constitución da Área Metropolitana coa salvedade do Grupo Municipal da Marea Veciñal, contaron co apoio do Pleno Municipal de Culleredo.

A primeira delas, que demandaba a desafectación da vivenda do conserxe para ampliar o comedor e a cociña do Sofía Casanova, contou coa intervención, a petición propia, dos representantes da ANPA do centro, que expuxeron as súas necesidades e demandaron o apoio do Pleno Municipal para solventar os problemas e lograr que os nenos e nenas poidan recibir un servizo digno.

Esta é a terceira ocasión en que un colectivo afectado intervén no Pleno Municipal na discusión dunha iniciativa presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, logo das que realizaron os representantes dos mariscadores e da CIG, dentro do fomento da participación directa cidadá nos asuntos do Concello, que estamos a tentar levar a cabo, onde tamén se encadra a xeira de Encontros Abertos, que o xoves 5 chega a Almeiras, ás 20.00h no Centro Social.

O Pleno aproba tres das catro mocións do BNG-Asembleas Abertas