Encontro Público en Fonteculler

Encontro Público en Fonteculler

encontro aberto fonteculler

Hoxe venres día 6, ás 20.00 horas, o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo celebrará un Encontro Público Aberto en Fonteculler, nas instalacións do Hotel Crunia, dentro da xeira que está a realizar nos distintos lugares e parroquias do Concello, nas que se están a dar conta do traballo feito durante estes últimos meses e recoller propostas e necesidades dos veciños e veciñas de cara aos orzamentos do vindeiro ano.

Neste Encontro parcipará tamén Francisco Jorquera, actual voceiro do BNG no Parlamento Galego, que fará un balance da presenza dos deputados e deputadas nacionalistas galegos no Congreso dos Deputados durante os últimos 20 anos, no que el estivo entre os anos 2008 e 2012.

Encontro Público en Fonteculler