O BNG de Culleredo solicita a intervención da Xunta de Galiza diante dos impagos de facturas
O Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha proposta para solicitar da Xunta de Galiza a súa intervención diante da acumulación de impagos por parte do goberno municipal.
Corresponde á Intervención Xeral da Xunta de Galiza a tutela financeira sobre as administracións públicas locais.
Cómpre solicitar a intervención deste órgano para desbloquear o procedemento e aclarar as responsabilidades do goberno municipal.