Pleno Municipal de outubro

Pleno Municipal de outubro

Este xoves, día 29, terá lugar o Pleno correspondente ao mes de outubro. Será no Salón de Plenos da Casa do Concello, a partir das 20.30 h.

A Orde do Día é a seguinte:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 24 de setembro de 2015.

2.- Proposta de modificación de ordenanzas fiscais para o ano 2016: ordenanzas núm. 1 (Imposto sobre Bens Inmobles), 3 (Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana), 5 (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) e 14 (Taxa por Distribución de Auga).

3.- Proposta de aprobación inicial da modificación do Regulamento de Uso de Locais.

4.- Proposta sobre resolución do Recurso de Reposición presentado por COMOEN  contra o acordo adoptado en sesión plenaria de 30/07/2015 de rectificación do apartado primeiro do acordo de aprobación definitiva do Expediente de Expropiación por Tasación Conxunta dos terreos destinados a equipamento escolar e zona verde anexa na Avda. de Rutis S/N (Zona Lavandeira) e modificación da relación de propietarios de bens e dereitos afectados.

5.- Proposta sobre aprobación inicial do Regulamento do Club +65

6.- Proposta sobre nomeamento de membros do Consello Escolar Municipal.

7.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, Moción de Cidadáns relativa á elaboración de Xornadas e Axenda de Traballo do Alcalde e Concelleiros/as con dedicación.

8.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG relativa ao apoio á traballadora dunha empresa.

9.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción relativa á Marcha estatal contra as violencias machistas de 7 de novembro 2015.

10.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG relativa ás escolas infantís.

11.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG relativa aos comedores en centros de ensino de Culleredo.

12.- Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, moción do BNG relativa á constitución da Área Metropolitana.

13.- Dación de Conta do acordo relativo ao Real Decreto-Lei 10/2015 de 11 de setembro, no referente ao pago da parte proporcional de Paga Extraordinaria e dereitos dos traballadores por vacacións por antigüidade e asuntos propios.

14.- Dación de Conta de seguemento da execución orzamentaria

15.- Dación de Conta de levantamento de reparos

16.- Dación de Conta de incorporacións ao Rexistro Municipal de Subvencións no terceiro trimestre de 2015.

17.- Dación de Conta de resolucións da Alcaldía e Concellarías Delegadas.

18.- Informe sobre Consorcio "As Mariñas"

19.- Informe sobre Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).

20.- Informe sobre a EDAR-Bens

21.- Mocións urxentes.

22.- Rogos e preguntas.

Pleno Municipal de outubro