O BNG leva a pleno a situación dos centros escolares

O BNG leva a pleno a situación dos centros escolares

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, defenderá no vindeiro pleno municipal unha moción na que se demanda dar traslado á Consellaría de Educación das necesidades da comunidade educativa, para dar solución aos problemas máis urxentes, e garantir a calidade dun servizo esencial para a comunidade.

No caso concreto do CEIP Sofía Casanova, solicítase da Consellaría a desafectación do espazo destinado a vivenda do conserxe, para ampliar e mellorar as instalacións destinadas a comedor e cociña.

Na moción exponse a importancia do servizo de comedor escolar, como parte da formación integral dos nenos e nenas, nun marco curricular que inclúe tamén a educación para a saúde, os bos hábitos, a ecoloxía, os tipos de alimentos, a sustentabilidade ou o fomento do comercio de proximidade.

De acordo con estes contidos curriculares, e mesmo como medio para xerar postos de traballo directos e indirectos no entorno máis próximo, o BNG-Asembleas Abertas solicita tamén que se dispoñan os medios precisos para retornar á elaboración das comidas nos propios centros, fronte a un modelo meramente economicista que tende a afastar a súa elaboración cada vez máis.

O BNG leva a pleno a situación dos centros escolares