Aprobada a moción do BNG de Culleredo para solicitar a suspensión da licitación do recinto deportivo de Acea de Ama
Aprobada en Pleno a moción do BNG de Culleredo para solicitar á Xunta de Galiza que deixe en suspenso o proceso de licitación da xestión das instalacións deportivas de Acea de Ama aprobado no Consello da Xunta o pasado 10 de marzo.
O Consello da Xunta ven de aprobar a licitación da xestión do recinto cullerdense por un período de 20 anos cunha previsión de ingresos de 50 millóns de euros durante a duración do contrato.
Non se prevé a dotación dunha nova piscina de dimensións olímpicas, instalación que a natación da nosa comarca necesita.