O BNG de Culleredo traslada 50 medidas imprescindibles para os 100 primeiros días de goberno
O goberno municipal de Culleredo aínda non convocou o Pleno de Organización no que debe dar conta da estructura política da súa administración e que xa se celebrou en tódolos concellos da Comarca.
Diante da situación de parálise do goberno municipal, o BNG de Culleredo ten trasladado ao goberno municipal e ao PSOE de Culleredo máis de 50 medidas a levar a cabo dentro dos 100 primeiros días de actividade do novo goberno.
Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “as medidas trasladadas polo BNG ao goberno municipal de Culleredo son esenciais para contar cun goberno que se poida chamar transparente e decente”.