TRANSPARENCIA
En que situación se atopa A Garrocha?

A previsión de ingresos por canons incluída nos Orzamentos para 2018 é inferior ao canon que ten que pagar unha soa adxucataria, a que está ao cargo da Garrocha.
O Complexo Deportivo da Garrucha, que podía ser un referente para toda a Comarca, atópase severamente deteriorado, mesmo en cuestións relativas á seguridade das persoas, usuarias ou non das instalacións.
O Goberno Municipal foi incapaz de aclarar a situación, que podería ser merecente de sancións e mesmo da reversión da concesión.
O pasado xoves, no Pleno Extraordinario para a aprobación dos Orzamentos, o Goberno foi incapaz de aclarar por que na previsión de ingresos a cantidade prevista por canons era significativamente inferior ao canon que tiña que pagar unha soa empresa adxudicataria, a que está ao cargo do Complexo Deportivo da Garrocha.
Esta concesionaria está obrigada ao pago dun canon de 24.000€ anuais, e a cantidade prevista nese apartado (que tamén inclúe o xuro das contas correntes) é de apenas 18.000€ para 2018.
Parece patente que o mantemento é inexistente, mesmo en cuestións relativas á seguridade das persoas, usuarias ou non das instalacións. Este cúmulo de incumprimentos deberían dar lugar a sancións e poderían ser motivo da reversión da concesión, pero parece que o Goberno Municipal non ten vontade de avanzar nese camiño.
Tono Chouciño pregúntase "por que se consinte esta situación, cando o Complexo Deportivo da Garrocha conta cunhas instalacións, que incluían piscina, sauna, restaurante, canchas de tenis... e que son patrimonio de todos os veciños e veciñas de Culleredo. Dado o déficit que temos no noso Concello de instalacións deportivas, poden prestar un servizo moi importante e ser un referente para toda a Comarca, en lugar se seguir no abandono".