ORZAMENTOS

A burla dos orzamentos

20170406 pleno

Na práctica prescindiuse da participacion cidadá para decidir o destino do orzamento de investimentos, cando existía un compromiso do Goberno Municipal de que o 25% fose decidido polos veciños e veciñas.

As contas presentan importantes eivas de participación, falla de explicación e precedentes de incumprimentos dos compromisos adquiridos e non executados nos anos anteriores.

A burla dos orzamentos

Este xoves o Goberno Municipal de Culleredo conseguiu a aprobación de xeito inicial dos orzamentos para o ano 2018, nun Pleno Extraordinario no que tiveron o apoio acrítico da Marea e Ciudadanos. As contas presentan importantes eivas de participación, falla de explicación do destino das partidas, e contan con precedentes de incumprimentos de compromisos adquiridos e non executados nos anos anteriores.

O representante nacionalista lembrou como na reunión de decembro do Consello Xeral de Participación Cidadá, que ante a ausencia do alcalde foi presidida pola concelleira de Educación e Cultura, esta foi totalmente incapaz de explicar a escolla dos investimentos realizada dende o Goberno Municipal para o vindeiro ano, na que se obviaron as realizadas polas asociacións veciñais sen dar nengún tipo de explicación.

Tampouco na Comisión Extraordinaria de Orzamentos, á que tamén faltou o alcalde cando debería presidila, a Concelleira de Facenda soubo explicar unha soa cuestión relativa á previsión de gastos e ingresos. Este ano, como novidade, as partidas de gasto vincularán a nivel de capítulo, o que deixará as mans prácticamente libres ao Goberno municipal para cambiar o destino dos cartos sen ter que dar explicacións.

O BNG de Culleredo presentou por rexistro en decembro unha relación de propostas para incluír nos orzamentos e tamén realizou propostas para mellorar os ingresos, como o cobro do ICIO ás construccións ilegais denunciadas pola policía local ou sancionadas dende o departamento de Urbanismo, ou a de cobrar o IBI aos inmobles de confesións relixiosas non afectos a usos relixiosos.

Para Tono Chouciño "o actual goberno municipal é un lastre para o desenvolvemento de Culleredo. O que empezou anunciándose como o goberno da transparencia e da participación volveuse o máis opaco dos gobernos. Nada queda daquel compromiso de que un 25% do orzamento de investimentos fora decidido polos veciños e veciñas, que son os que aportan directamente máis do 50% do orzamento. Sen esquecer que este ano serán xa 7 os servizos públicos que se estar a prestar sen contrato, ao tempo que as partidas destinadas a traballos realizadas por outras empresas medran sen cesar. Aprobar estes orzamentos é darlles un cheque en blanco, que o BNG, vistos os precedentes, non está disposto a asinar".

A burla dos orzamentos