CEIP RÍA DO BURGO

Como imos pagar o millón e medio da sentenza polos terreos do Colexio Ría do Burgo?

CEIP Ría do Burgo actualidade
O Colexio Ría do Burgo na actualidade

O BNG solicita saber a cantidade total a pagar e como vai ser abonada, xa que os orzamentos para 2017 só recollen unha partida de 900.000€ para "compra de terreos", que segundo o alcalde é a destinada a facer fronte a ese pagamento.

O Goberno Municipal aínda non aclarou canto é o total nin como vai facer para pagar o que resta.

Como imos pagar o millón e medio da sentenza polos terreos do Colexio Ría do Burgo?

O BNG rexistrou a petición dun informe que determine a débeda exacta derivada da sentenza ocasionada pola condena ao Concello polos terreos do Colexio Ría do Burgo, xa que a cantidade non se atopa determinada con exactitude, e o xeito como o Goberno de Julio Sacristán pensa afrontar este pagamento.

A sentenza ademais da condena a pagar 1.560.567,62€ á empresa promotora propietaria dos terreos, condena ao Concello ao pagamento das costas procesais e dos xuros establecidos legalmente, que non veñen cuantificados no texto.

Na aprobación inicial do orzamento para 2017, aínda en período de alegacións, asígnase unicamente unha partida de 900.000€ para "compra de terreos", que segundo contestou o Alcalde de Culleredo a preguntas de Tono Chouciño, é onde irían incluídos os cartos destinados a facer fronte á sentenza, pero que é evidente que non son de abondo para pagar o total da débeda.

O voceiro nacionalista afirma que "esta sentenza vai afectar de xeito severo a evolución futura das finanzas e da tesourería municipal, polo que é importante que se concrete a cantidade total a pagar e a forma de pago, que non sabemos porque non foi aínda explicada polo Goberno Municipal".

Como imos pagar o millón e medio da sentenza polos terreos do Colexio Ría do Burgo?