RADIO CULLEREDO

O BNG interésase pola situación da radio municipal

Radio Culleredo na web do Concello
O Concello eliminou da súa web calquera rastro das emisións online

Durante o Día da Radio recibimos numerosas queixas pola mala recepción do sinal da radio municipal en todo o Concello, que eliminou da web municipal toda referencias ás emisións online.

O BNG pregunta pola existencia de datos sobre a cobertura actual e a porcentaxe de poboación á que chega Radio Culleredo, que debería ser un instrumento fundamental para a difusión da actualidade e das actividades do Concello.

O BNG interésase pola situación da radio municipal

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo dirixiuse ao Goberno Municipal para interesarse polo estado da Radio Municipal, tras as numerosas queixas recibidas sobre a mala recepción do seu sinal ao longo de todo o Concello.

Aos problemas de cobertura uniuse a eliminación do servizo de escoita online e de calquera referencia ao proxecto de televisión por internet www.culleredo.tv, que contaban con enlaces dende a web municipal.

Tono Chouciño amosou a súa sorpresa ante a actitude do Goberno de Julio Sacristán, "en vez de solventar o problema non se lles ocorre nada mellor que cargarse o servizo, é iso un exemplo da transparencia da que tanto presumen?".

O BNG pregunta aos responsábeis municipais, entre outras cuestións, se teñen datos sobre o estado actual de cobertura da radio municipal e sobre a porcentaxe de poboación á que chega, así como sobre a eliminación da radio municipal de calquera referencia ás emisións online.

Para Tono Chouciño "deben estudarse as solucións técnicas posíbeis para mellorar a recepción do sinal, de xeito que os nosos veciños e veciñas poidan estar informados dos asuntos municipais. A situación actual só podemos entendela por desidia ou porque houbera intereses apuntando noutra dirección".

O BNG interésase pola situación da radio municipal