MANTEMENTO VIAIS PÚBLICOS

Grave incumplimento no mantemento das estradas municipais

A empresa adxudicataria do servizo de desbroce e mantemento dos viais municipais non está a realizar as tarefas de limpeza coa periodicidade estipulada no contrato, sin que o Goberno Municipal non só non lle exixa o cumprimento das as súas obrigas, senón que a xustifica.

Grave incumplimento no mantemento das estradas municipais

O venres día 1 Tono Chouciño, concelleiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, puido finalmente acceder ao rexistro dos traballos realizados ao aveiro do contrato de mantemento do viario de titularidade municipal, comprobando que non se están a realizar os dous desbroces estipulados ao ano, e como o Concello é consciente dese incumplimento.

A xustificación dada foi que o importe da adxudicación (140.000€ IVE engadido) non cobre o importe dos traballos a realizar dentro do contrato, algo que en todo caso é responsabilidade da empresa, que fixo a oferta económica coñecedora das condicións impostas nos pregos de contratación, e do órgano de contratación, que permitiu unha baixada de 46.000€ dende os 186.000€ nos que estaba orzamentado inicialmente o contrato.

Tono Chouciño manifestou que "o Concello non pode mirar para outro lado mentres os seus veciños e veciñas se ven obrigados a esquivar baches e silvas, e rozar eles mesmos se queren ter un mínimo de seguridade", avanzando a súa intención de demandar unha auditoría sobre o contrato, por se houber algún tipo de responsabilidade ben na súa execución e control, ben na adxudicación a un prezo moi por debaixo do orzamentado inicialmente.

 

 

Grave incumplimento no mantemento das estradas municipais