SEGURIDADE PÚBLICA

Exiximos a constitución urxente do Consello Sectorial de Seguridade

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo exixe do Goberno Municipal a constitución urxente do Consello Sectorial de Seguridade, ante crecente inquietude veciñal polos continuos asaltos a vivendas e negocios, que está a causar numerosos peches entre estes últimos.

Tono Chouciño lembrou que esta é unha petición que o BNG leva reiterando dende o comezo da lexislatura, para facilitar a participación veciñal directa naqueles asuntos que máis directamente lles afectan, fronte a apatía do Goberno Municipal, que amosa un total desprezo por estes órganos. Exemplo deste desprezo é a non constitución aínda dos grupos de traballo acordados en abril nos Concellos Sectoriais de Educación e Benestar.

Sobre a vaga de asaltos que estamos a viver no Concello, e ante as declaracións dos responsábeis municipais, o voceiro nacionalista manifestou que "non todo se pode fiar á colaboración cidadá, o Concello tamén ten que facer a súa parte" ao tempo que lembrou que Culleredo está moi por debaixo da ratio recomendada de Policías Locais, que é de 1,8 por cada mil habitantes segundo o Decreto 243/2008, de Coordinación de Policías Locais.

Exiximos a constitución urxente do Consello Sectorial de Seguridade